Tuesday 17 de September de 2024

Presentación da X Festa do Polbo de Palmeira 


Na mañá de hoxe presentouse en Ribeira a X Festa do Polbo de Palmeira á que  acudiron, o rexedor, Luís Pérez Barral, o segundo tenente de alcalde, Francisco  Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, a concelleira de  Promoción Económica, Veva Betanzos e o patrón maior de Palmeira, Miguel  Franco. 

Este ano celebrase a súa X edición e xa é un evento máis que consolidado ao que  acoden miles de persoas ao longo dos dous días de celebración. O sábado 24 e o  domingo 25 de agosto haberá instalada unha gran carpa na zona portuaria de  Palmeira e alí poderase desgustar a prezos populares arredor dunha tonelada  deste cefalópodo xunto con outras viandas como mexillóns, empanadas,  churrasco, entre outros. 

O concelleiro de Turismo, Suárez-Puerta, agradeceu especialmente na  comparecencia a presenza do patrón maior de Palmeira, Miguel Franco, tamén  sinalou que “a festa está pensada para a exaltación dun produto que é moi noso  e que lle aporta un valor engadido á parroquia de Palmeira”. Tamén desvelou  que haberá un pregoeiro sorpresa o vindeiro sábado 24. 

O concelleiro de Mar, Fenando Abraldes, reflexionou sobre a importancia de  apoiar e promocionar os produtos do mar “para nós é moi importante que os  nosos produtos cheguen ao máximo público posible porque somos e vivimos do  mar” engadiu. 

Xa para finalizar o acto de presentación, Pérez Barral alagou o traballo dos  mariñeiros e pescadores de Palmeira, tamén falou da estratexia integral do  Concello en promover e dar a coñecer a diversidade e calidade dos produtos do  mar. “Estamos a promover outro tipo de eventos, colaborando coas entidades de  Ribeira para desenvolver as potencialidades dos produtos, así pois temos eventos  tan importantes como Gastromar onde exhibimos e exáltamos o peixe de  Ribeira, a Festa do Percebe de Aguiño de interese turístico ou a festa da navalla“ 

indicou. O rexedor falou da importancia da promoción, tanto para que a  veciñanza sexa a primeira prescritora do produto, coma para os visitantes para  que o degusten e o sigan mercando durante todo o ano. 

“Agardamos que o vindeiro fin de semana, Palmeira sexa un fervedoiro de xente  para degustar o polbo a uns prezos populares” finalizou. 

Non faltan os grupos de música tradicional coas súas gaitas e ataviados co traxe  típico galego ademais charangas e sesións vermú e concertos polas noites  amenizados por grupos de música locais. 

As actuacións de música en directo son cada un dos días de 13:30 h a 15:00 h e  de 22:00 h a 24:00 h. 

PROGRAMACIÓN SÁBADO 24 

– Charanga Os Atrevidos 

– Pregón 

– Sesión Vermú: Open Drink 13:30 h a 15:00 h 

– Concerto de noite: Thais Suki 22:00 h a 24:00 h 

PROGRAMACIÓN DOMINGO 25 

– Grupo Tradicional Arume 

– Sesión Vermú: Drippers 13:30 h a 15:00 h 

– Concerto de noite: Recambios Tucho 22:00 h a 24:00 h